AIK IF

AIK IF
Fundación1921
Cidade Estocolmo,
Estocolmo
Suecia
EstadioHovet
(8 094 espectadores)
LigaAllsvenskan
Campionatos2
Director Anders Gozzi
Adestrador Anders Eldebrink
CoresAmarelo e negro
           
Na rede
http://www.aik.se/ishockey/
Facebook: aikishockey Twitter: aikishockey Editar o valor en Wikidata

O AIK Ishockeyförening (abreviado como AIK IF) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Estocolmo (Suecia), sendo a sección de hóckey sobre xeo do club polideportivo da capital sueca Allmänna Idrottsklubben. Actualmente os seus equipos sénior compiten na máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco (a SHL en categoría masculina, e a Riksserien en categoría feminina). O AIK xoga os seus partidos como local en Hovet, un pavillón con capacidade para 8 050 espectadores, aínda que ás veces xoga encontros no Globen Arena, que conta cunha maior capacidade (13 850 espectadores).[1][2]

Nos 91 anos de historia do club, o AIK xogou 66 tempadas na máxima categoría sueca (27 delas na actual SHL). O club gañou o campionato sueco en sete ocasións (1934, 1935, 1938, 1946, 1947, 1982 e 1984), se ben dende que se estableceu a Elitserien só gañou dous títulos, e foi finalista en seis ocasións (1930, 1936, 1940, 1968, 1978 e 1981), aínda que só o foi dúas veces dende que se estableceu a Elitserien.

  1. "Globen information" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de febreiro de 2012. Consultado o 25 de febreiro de 2012. 
  2. "2010–11 Elitserien game schedule". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2010. Consultado o 08 de maio de 2013. 

Developed by StudentB